Aprendiz de lutier - fase 3

Non vos preocupedes se por mor de mocos, estornudos e toses, tendes que pasar estas festas metediños na casa sen disfraz. Tranquilos! Para outra será, de momento nada mellor que un vaso de leite quentiño con mel do bo, complementado con este post cargado de vitaminas, para recuperar a espabilina perdida neste inverno.


Que o disfrutedes!


08-02-18 
Cada vez que penso no xeito que quero darlle a esta pala, non sei porque motivo me ven a cabeza eso de que de ilusións tamén vive o Home,  logo dun sorriso penso, "que sería de nós sen elas!" feito que me dá forzas para seguir matinando.







07-02-18 
Mercar na rede é o que ten, compras o que queres e cando queres, fantástico a cantidade de tendas especializadas, canto máis buscas máis atopas. 

Xa empezaron a chegar os músicos, o concerto pinta bestial. 


Sorprendente, o negro e pesado que é o ébano, tiña entendido que era pouco poroso, pero tan pouco...





05-02-18 
Encolando tapa con pala




03-02-18 
Sí! para curvar o perfil utilizo un molde caseiro, pero efectivo a Dios dar, fai o seu traballo ás mil marabillas. Como se enteren os de Ortega, Gibson ou Fender, veñen a velo...




Esto foi todo o que dou a semana, invítovos a seguir lendo pinchando nos seguintes enlaces.










Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil