Aprendiz de lutier - fase 1

Quero deixar claro unha vez máis, que con este traballo non pretendo lustrar o ego nin tampouco quitarlle a venda da ignorancia a ninguén. Son consciente das miñas limitacións por eso experimento co que outros mostran en internet, procurando disfrutar ao máximo do proceso.  
Non sei ata onde vai chegar esto, pero de momento apetéceme avanzar.

27-01-2018
Esto foi todo o que dou de sí a primeira semana de actuación, pero xa se adiviñan siluetas que prometen, e eso gústame. Hoxe tiña na mente aplicarlle un chisco ao mástil, pero o tempo de lecer tornoume por outras labras.

26-01-2018
O arce é unha árbore de madeira dura que se da moi ben en Norteamérica, sobre todo na fronteira entre Ontario é Minnesota, fanse instrumentos musicais con ela, pero xa no seu día os índios Arapahoe lles demostraron aos Cheyennes, Apaches e Comanches que as mellores flechas e lanzas eran de arce. Mirade se é bo o dichoso arce que ata Canadá luce na bandeira a súa folla. Se coñeceran o carballo galego, outro galo cantaría, ata a pipa da Paz de Toro Sentado sería de carballo.






25-01-2018
Chegou o momento da verdade. O encontronazo con esta formidable peza de arce, fixo que empezara a estar impaciente por marcar as líñas de corte do mástil.



Gracias pola visita

















Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil