Tetas que namoran

Neste post toca falar de algo que se vive moi de cerca, ben sexa no fogar, na rúa, no supermercado ou mesmamente no traballo. Penso que chegou a hora de falar dos peitos das mulleres, polo tanto este post, vai de TETAS! Vai por vós.
Hai que admitir que non todas son iguais, as tetas son como as mulleres. Poden ser  grandes, falsas, separadas, caídas ou despampanantes. De aí a importancia dun bo suxeitador para gardar a compostura e non chamar, ou si, a atención, depende do que busque cada unha.
Con este post non pretendo que me fagades saber se as tendes firmes nin que talla usades de suxeitador, e moito menos, se tendes pezóns de aureola clara, escura ou rosadita. Érache boa, só faltaría…!

Os homes temos que asumir que nos gusta mirar para os peitos femininos, dá igual que sexan grandes, pequeños ou obra dun divino cirurxián.  Sinceramente, non sei por que será, pero tampouco me preocupa, é algo que está aí como está a distancia de roce, e que siga  sendo así! 
Que non cambie…!
Admiro a esas mulleres que dun xeito ou doutro, sempre teñen algo que as diferencia, un sorriso, un escote, un bo segredo ou curvas que tantas inquietudes provocan. Sexa como sexa, o que teño claro (e non é por facer a pelota) é que non hai nada máis fermoso que unha muller segura de sí mesma. As que o consiguen, nótaselles as leguas, ata collen chulería!
A resposta á eterna pregunta, de se o tamaño importa, é un tanto complicada, xa que ademáis do tamaño, hai que considerar outros aspectos como son o tacto e o balanceo, aínda así, non só depende dos gustos, moitas das veces imaxinación xoga un papel fundamental, pasando a ser máis suxerente que a realidade mesma. Se non que llo digan aos que lle aflora a vena taurina cun simple wonderbra.
Todo o esaxerado chama a atención, as tetas non iban ser menos, o problema é que moitas mulleres aínda non saben que, o que verdadeiramente importa a nivel estético é ter un peito proporcionado ao corpo, non unha sobredosis de silicona. 
Din por aí, que mirar para os peitos das mulleres, alarga a vida dos homes. Non sei que dicir… Os vestidos e os escotes de infarto de hoxe en día, son para dudar de tal veracidade. A este ritmo, non é de extrañar que tiren máis dúas tetas que dúas carretas.
Tetas grandes ou pequeñas, con pezóns oscuros, claros ou rosados. O importante é sentirse orgullosa do que unha ten, sexa cal sexa o tipo de teta. Lucídeas con orgullo e que os estereotipos sociais non vos toleen…!

Felicidades!





Comentarios

  1. Qué soez, vulgar e machista. E aínda hai quen te vai aplaudir... Paíssss...

    ResponderEliminar
  2. Muller tiñas que ser! Cobarde e decidida ao mesmo tempo. Fasme recordar o que dicía Pepa (unha veciña que morreu fai tempo, Dios a teña na Gloria) “Muller decidida vale por dúas”.
    Como comprenderás, por moita muller que sexas, non comparto a opinión que tes respeto a este post, pero aínda así, douche as gracias por perder o teu valioso tempo, lendo Paparroda.
    Ah! Falando de vulgaridades. Que sepas que en galego a palabra “Que” non leva tilde en ningún dos casos.
    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  3. Erro de premisa de partida, texto inútil. Como o das tetas, que por moito que porfíes mostra as ideas dun persoaxe vulgar e machista. O mesmo eres anigo do alcalde de Alcorcón. Por certo, recorrir a faltas de ortigrafía é moi infantil. Hale, segue a xuntar letriñas para compensar o ego dun pretendido articulista.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Ortografía, quería dicir... non vaia ser que saques punta a un erro ridículo para defender as túas rancias ideas sobre as mulleres.

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil