Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2018

Aprendiz de lutier - fase 1

Imaxe
Quero deixar claro unha vez máis, que con este traballo non pretendo lustrar o ego nin tampouco quitarlle a venda da ignorancia a ninguén. Son consciente das miñas limitacións por eso experimento co que outros mostran en internet, procurando disfrutar ao máximo do proceso.    Non sei ata onde vai chegar esto, pero de momento apetéceme avanzar. 27-01-2018 Esto foi todo o que dou de sí a primeira semana de actuación, pero xa se adiviñan siluetas que prometen, e eso gústame. Hoxe tiña na mente aplicarlle un chisco ao mástil, pero o tempo de lecer tornoume por outras labras. 26-01-2018 O arce é unha árbore de madeira dura que se da moi ben en Norteamérica, sobre todo na fronteira entre Ontario é Minnesota, fanse instrumentos musicais con ela, pero xa no seu día os índios Arapahoe lles demostraron aos Cheyennes, Apaches e Comanches que as mellores flechas e lanzas eran de arce. Mirade se é bo o dichoso arce que ata Canadá luce na bandeira a súa folla. Se coñeceran o carballo ga

Aprendiz de lutier

Imaxe
“Muller con mandolina” de Pablo Picasso  Parece raro, pero  moitas veces  as carambolas da vida, levan a que tropecemos de cheo co que nos gusta. Descubrir un grupo musical que nunca escoitamos, atopar un niño de carrizo entre o panasco dun muro, sentir que foi un día de estudio productivo ou simplemente avistar o reflexo labrado dunha estrela fugaz. Só hai que estar no lugar adecuado no momento preciso, e voilà...! O propósito deste post é informarvos a todos os seguidores de Paparroda de que no blog hai unha  nova  sección chamada Lutier , unha fusión de palabrería, fotografía e olor a madeira, xa que vou construir unha mandolina e publicar paso a paso a súa evolución. Agardo que vos guste. A atención inusual que prestei en aninovo á orquestra  Filarmónica de Viena , espertou en min, unha ansia que levaba tempo mergullando nos meus pensamentos.  Agora, só queda xogar as cartas e consagrarme como un verdadeiro  artesán . Con este  proxecto, non teño nada que perder e moit