Selfie na Lúa

Esta semana a NASA levou a cabo unha das misións máis complexas e relevantes da historia.
Dende o cabo Cañaberal, Florida, a nave Apolo-top comandada por estes dous individuos, foi lanzada ao espacio exterior polo transbordador espacial do mesmo nome, co propósito de coleguear coas civilizacions extraterrestres e resolver deste xeito incognitas que levan décadas intrigando á comunidade científica.
Esta misión tamén fixo realidade o soño de realizar o primeiro selfie lunar, considerado como un dos momentos máis significativos da historia da humanidade. Onte pola tarde, estes dous astronautas lograron un perfecto e laureado aterrizaxe no areal da praia de Coroso, en plena ría de Arousa, poñendo fin á misión.

Este suceso histórico foi retransmitido a todo o planeta dende as instalaciónns centrais da NASA TV. Este intrépido e audaz proxecto, avivou o interese da NASA en seguir facendo viaxes espaciais. Se estás interesado, para apuntarse na lista de espera, pincha AQUÍ.

Pregúntome canto pagaría Julio Verne no 1865 por saber a data do primeiro selfie na Lúa, por aquela cando escribía “De la Terre à la Lune”?

Non te conformes só coa realidade. 
Bo finde!

Comentarios

Destacado

O auténtico MOU

Pirolas xigantes

Tetas que namoran