Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Agosto, 2017

O derradeiro foguete

Imaxe
Este relato básase en feitos acaecidos naquel fatídico día do Carme de 1938, nel narro o último minuto de Luís Callón, un fogueteiro republicano, altivo, burlón e chulo como un pé de millo nunha rara. É mediodía, esmecha o sol no estandarte que abre camiño a un palio de varas longas, suxeito por catro caciques lambecús de diferente lacha. Na parte dereita anterior vai o mestre D. Ramón, na solapa do traxe azul mariño, luce un lazo morado de organza esfiañado, a súa esquerda o boticario D. Ezequiel, que para a ocasión viste un traxe de mil raias marrón, unha garabata de dous tonos de crudo máis escuros que a súa camisa lisa dunha soa cor, tamén reloce nos puños,   uns xemelgos de ouro, que pola fasquía, ben puideron ser herdados. Detrás del, vai Enrique (o marido da criada do cura), nótase claramente que o fai por compromiso máis que por devoción, pero... Como para decir que non! Ao seu carón, Juan Luís, o campaneiro, que ademáis de facer soar as campás domingos e festivos, tamén