A primeira Milla

A milla é unha unidade de lonxitude inglesa que non forma parte do Sistema Métrico Decimal, equivale a 1.609 metros. Os mesmos que nos agardan aos participantes da I Milla Solidaria que se celebrará en Boiro o vindeiro sábado 28 de Maio ás 16:30


A milla é unha carreira de corto percorrido, pero non por eso menos importante que outras. Aínda que digan os rumorosos que se fai cos ollos pechados, non é necesario un cambio radical nos teus hábitos, podes estar tranquilo! Ninguén che pide que a fagas descalzo, desnudo, borracho nin que botes ácido láctico polas orellas para terminala en 4 minutos, simplemente que te decidas a participar e colaborar nunha causa solidaria.

A inscripción terá un coste de 3€, o pago farase en efectivo na carpa da organización, no momento de retirar o dorsal.

O recadado será doado aos nenos do Sahara.

Unha ocasión inmellorable para  pasar unha gran tarde de ambiente, san e deportivo, que posiblemente se convirta nunha cita uneludible.

Estas son as categorías, distancias e horarios que impacientemente agardan o son da ruidosa bocina marcando a saída. Únete!

Prebenxamín 2009 e posteriores 200 m 16:30 h
Benxamín 2007-2008 500 m 16:45 h
Alevín 2005-2006 1000 m 17:00 h
Infantil 2003-2004 milla 17:15 h
Cadete 2001-2002 milla 17:30 h
Xuvenil-junior 1998-1999 e 2000 milla 17:45 h
Senior  17- 34 años milla 18:00 h
Veteran@ A 35-39 años milla 18:15 h
Veteran@ B 40-44 años milla 18:30 h
Veteran@ C 45-49 años milla 18:45 h
Veteran@ D >50 milla 19:00 h

Ánimo!

Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil