Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Maio, 2016

A pedal o 19

Imaxe
Un ano máis o axuntamento de Ribeira convídanos a dar pedal o día da bici. Todo aquel que esté disposto a mover o esqueleto, que o 19 de xuño ás 11:00h con casco e bicicleta se achegue a Praza de España . Farase un percorrido duns 10 Km polo municipio. Para participar é obrigatorio inscribirse antes do día 16 de xuño. Podes facelo pinchando AQUÍ . Ánimo! que andando en bici, non só coñeces xente, tamén fortaleces pompis, tonificas cutis, alivias estrés e o máis importante, combates o sedentarismo. Mira ti os beneficios que aporta esto do pedal ! Pinchando  AQUí  verás a lista dos que queremos mover o CU

I Milla Solidaria de Boiro

Imaxe
Argallar un evento deportivo ten o seu mérito, máis aínda cando é por unha causa solidaria como a de onte. Está visto que querer é poder , se non que llo digan ós organizadores da I Milla Solidaria de Boiro , que dispoñendo de escasos medios superon xuntar e coordinar os ingredientes necesarios, para   levar a cabo un evento deportivo da maneira, convertindo a I Milla nunha fantástica tarde de atletismo. Noraboa ! Vémonos na próxima. Paparroda coa SOLIDARIDADE Deporte e solidaridade, mesturanza para un equipo 10 Non sería de recibo poñer esta foto no blog sen felicitar a Fátima no seu primeiro podium. Noraboa campeona! Quen nos vira! Aquí, ao lado do único que non quixo enseñar as pernas, sen el, posiblemente non fora posible a I Milla Solidaria Boiro 2016. 

Como cortalas patacas da tortilla

Imaxe
Este post ademáis de parecer de guasa, pode dar pé a pensar que quero ir de entendido e chulearme dando leccións culinarias, pois non! Como ben dixen no seu día, non pretendo dar leccións de ningún tipo, nin moito menos marcar tendencias gastronómicas. Todo o contrario, é moito máis que eso! Con este post non intento enseñar como se fai a tortilla, só vos quero amosar a teoría que teño de como cortalas patacas para ela. Aínda que a priori resulte obvio e sinxelo, pode deixar de selo indagando un chisco no tema. Patacas, ovos, aceite e sal. Dependendo de quen os cociñe, así será a pinta e o sabor. Único ! Esto da tortilla é algo curioso, a pesar de levar poucos ingredientes e ter unha preparación non demasiado complicada é imposible atopar dúas iguais, cada quen fai o que lle parece, dándolle o seu toque persoal , uns friten máis as patacas, outros bótanlle máis ovos e hainos que non lle choran o sal, pero aínda  usando as mismas patacas, os mesmos ovos, o mesmo aceite, o

Castro Cidá

Imaxe
Había que ter moi poucas luces, para ser galego e non coñecer ningún Castro Celta , pero como non todo o mundo ten o privilexio  de sentirse da Terra, aquí lles deixo unha pequeña aclaración do que son os Castros. Os Castros son as ruinas de poboados fortificados onde vivian os Celtas, que polo xeral están situados  en sitios elevados. A súa orixe remóntase a Edade de Bronce (século VIII a. C.) pero ata a Edade de Ferro non alcanzaron o seu maior desenvolvemento,  sendo abandoados ou transformados (perdendo toda a esencia Celta) coa chegada dos romanos alá polo século I d. C. Os máis destacados son o de Viladonga en Castro de Rei, o de Borneiro en Cabana da Bergantiños, o de Santa Tecla na Garda, e como xoia da coroa, temos o Castro de Baroña . Estes son catro entre os centos deles que hai, un deses moitos e menos coñecido é o Castro Cidá , situado no municipio de Ribeira. Este ademáis das vivendas da época castreña, dispón dunha construcción máis moderna que corresponde a unha

A primeira Milla

Imaxe
A milla é unha unidade de lonxitude inglesa que non forma parte do Sistema Métrico Decimal, equivale a 1.609 metros. Os mesmos que nos agardan aos participantes da I Milla Solidaria que se celebrará en Boiro o vindeiro sábado 28 de Maio ás 16:30 A milla é unha carreira de corto percorrido, pero non por eso menos importante que outras. Aínda que digan os rumorosos que se fai cos ollos pechados, non é necesario un cambio radical nos teus hábitos, podes estar tranquilo! N inguén che pide que a fagas descalzo, desnudo, borracho nin que botes ácido láctico polas orellas para terminala en 4 minutos, simplemente que te decidas a participar e colaborar nunha causa solidaria . A inscripción terá un coste de 3€, o pago farase en efectivo na carpa da organización, no momento de retirar o dorsal. O recadado será doado aos nenos do Sahara. Unha ocasión inmellorable para  pasar unha gran tarde de ambiente, san e deportivo , que posiblemente se convirta nunha c