O turista africano

A vida é un conxunto de ciclos que se repiten cada certo tempo, uns volven mellor, outros peor, uns antes e outros despois, o importante é que esto non cese, que sigan así, polo menos que volvan cada ano, como vén facendo o “turista africano”. O ano pasado por estas fechas, publicaba o post "Que non che pille o CUCO", Un relato sobre os ourizos de mar e algunhas das súas particularidades, entre as que se atopa o tal  turista, o CUCO.
Sería unha pena non aproveitar esta SECA da maneira, co bo tempo e as mareas vivas que está habendo este fin de semana,  máis aínda tendo en conta que dentro de dous días o “turista” non nos dará tregua, polo tanto levanteime cedo e fun a terras de Jolán, coa intención de aproveitar a marea e apañar algúns dos mellores ourizos, tamén levei o bicheiro para coller algún polbo, pero ningún agardou por min. A sorpresa foi ao chegar á praia, dándome conta de que non fora o único a quen lle pasara pola cacharola tal idea. Alí atopeime con veciños e coñecidos, algúns deles moi expertos na captura de tales equinodermos. Entre saúdos, abrazos, técnicas de marisqueo e moita solidariedade, o día foi redondo.


Sorprendente o pouco co que nos conformamos os aldeáns!



Que non falte o loureiro! 




Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil