Para que vai ser se non!



Aínda que agora non se canten villancicos como antes, o Nadal segue sendo bonito. Viaxamos, decoramos a vivenda, o lugar de traballo, brindamos con Cava, iluminamos as rúas con luces de cores,  facemos regalos e gastamos demasiado! Pero no medio de todo esto hai algo moi curioso, aparte de non tocarnos a lotería, xa que se non é “por se acaso” é por “que non vaia a ser” mercámola tódolos anos. Como decía, hai algo que merece moito a pena como é ver á xente contenta, chea de  satisfación, abrazarse e desexarse Felicidades! Aquí é xustamente onde eu quería chegar.

A todos nos gusta escribir e falar ben, pero por desgracia aínda amando a cultura lingüística, non sempre é así, polo tanto non sendo bichos raros, e aproveitando a oportunidade que nos brindan os medios, teremos que coidar a gramática, aínda que só sexa para culturizarse e presumir dela, para que vai ser se non!

Realmente sen darnos conta, ben sexa por descoñecemento ou costume, utilizamos palabras comodín, unha delas é Felicidades, polo tanto vou facer unha aclaración sobre en que momento utilizar Felicidades, ou Felicitacións, que parecen ter o mesmo fin pero non é así.

Un diccionario que teño aquí ao lado (deses de papel, dos de antes); di que Felicidade é un estado de ánimo que se complace na posesión dun ben. “toma ya

Cando decimos Felicitacións! o que estamos facendo é recoñecer algo dunha persoa, referíndonos a logros, elóxios e ou victorias. Por exemplo deberíamos decir Felicitacións! ao que recolle un premio, pintou un cadro, escribiu un libro, lle dou un zasca a un político ou mesmamente marcou un gol.

Pola outra banda, cando decimos Felicidades! o que se pretende e facer feliz e dichoso a quen llo decimos, xa que nos estamos referindo a un sentimento propio da sensibilidade do ser humano que é xustamente o contrario da tristeza.
Deberíamos decir Felicidades!en momentos importantes da vida do individuo, por exemplo cando un está de cumple, de festa, se lle tocou a lotería ou simplemente se o deixou a moza. Total era ben fea!

Feliz Nadal.


Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil