Mesturanza culinaria

Dime o que comes e direiche quen eres.

Polo tanto, quero compartir con todos vós un mestizaxe culinario de agárrate que hai curva.  Mesturei comidas oriundas de distintos países para conseguir un delicioso maridaxe de sabores, resultando unha esquisité para chuparse os dedos! Coa masa da famosa empanada galega e co recheo da non menos famosa pizza italiana, xurdiu un prato espectacular. Sabrosísimo!

Como aquí non hai trampa nin cartón, estes son os ingredientes que utilizo para facer a masa. Tendo en conta que cada maestrillo ten o seu librillo, empanadas hai unhas cuantas, pero esta é a auténtica, a xenuína, a de Paparroda.

Para unha empanadeira de 34x41cm utilicei os seguintes ingredientes, sobrándome o xusto para decorala co nome do blog. Ole!

¾ de Kilo de Fariña triga
25 gramos de levadura fresca
250 mililitros de nata líquida para cociñar
1 ovo de galiña
Unhas aréas de sal
½ vaso de auga para desfacer a levadura
Un pouco aceite de oliva para engrasar a empanadeira e pintar a empanada
Todo esto amasado con moita alegría

E como ben sei que non sodes parviños, a zaragallada, vouna deixar ao voso libre albedrío, xa que  sabedes de sobra os ingredientes que vos gustan na pizza.

Non esquezades que a gastronomía é unha das manifestacións culturais máis importantes do ser humano, comer é un acto biolóxico (ou comes ou morres); cociñar é un acto cultural.

Se tendes algunha dúbida sobre a elaboración deste prato, non dudedes en preguntar


Un saúdo e feliz 2016

Estado da masa inmediatamente despois de amasar

Estado da masa logo de levedar


A zaragallada é estilo pizza, ao gusto do consumidor

Algo de decoración nunca ven mal, tamén é boa para dar pé a crítica dos amargados

Sorpréndete a ti mesmo. Ánimo!



Comentarios

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil