Questa è la torta di amooore


Isto é o que diría aquel amigo de Florencia, Albertino di la Toscana, aínda que para os genuinos parlantes deixarémolo en “Questa è la tarta del amore”


Neste post, podía falar doutro gancho culinario de máis engorde, pero sendo o día que é (Día do Traballador); quíxenlle facer un oco e compartir con vos esta auténtica delicatesen, que goza dun posto privilexiado entre os meus biscoitos preferidos.

E para que dunha vez por todas esta rica mestura deixe de ser motivo de envexa, disputas veciñais e pesadelos gastronómicos, aquí deixo a receita para os interesados/as. 



•    6 ovos
•    150 gr. de manteiga
•    300 gr. de azucre
•    350 gr. de fariña
•    1 sobre de levadura Royal
•    4 plátanos (maduros)
•    150 gr. de noces (cascadas)

Mézclanse tódolos ingredientes agás os plátanos machacados coas noces, que se incorporarán ao final. Tamén se necesita un molde e un forno a 180° C



Os novatos/as que para tales menesteres precisedes de máis información, non dubidedes en poñervos en contacto. paparroda@gmail.com

Non sexas dos que andan no mundo por andar, sen probar tal manxar.
 

Que a disfrutedes!!













Comentarios

  1. Buuff... Debe estar molto delizioso, pero un atentado para dislipemia xenética. Tamos en paz gastronomicamente...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. jajaja!! Que non me entere eu, que algún día se esqueza da tal dislipemia e lle meta a ese corpo, ensaimada mallorquina, migas de Teruel, queso manchego, hojuelas de castilla ou xamón extremeño. Por molto delizioso que esté!!

      Eliminar

Publicar un comentario

Entradas populares

Donald Trump en Baroña

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 1)

MANDOLINA NAPOLITANA (construcción - fase 3)

Os cans da miña aldea

Sol e candil